Céntimos solidarios de supermercados Eroski para Aspadisi e a Protectora ARUME
"Céntimos Solidarios" é unha campaña solidaria que Eroski-Vegalsa ven de promover nos dous supermercados que ten no Carballiño, nas rúas Calvo Sotelo e Evaristo Vahamonde.
Dúas asociacións carballiñesa serán as beneficiarias, ASPADISI e a Protectora de animais ARUME. Os clientes colaborarán votando a favor de calquera das dúas iniciatirvas solidarias, elexindo a gañadora, aínda que despóis tamén recibirá esta axuda a que menos votos consiga.
No audio de COPE O Carballiño podes escoitar, respectivamente, a directora de Eroski Calvo Sotelo Marta Sotelo, ao portavoz de Aspadisi Manolo Amil, e a Bea Míguez, da Protectora de Animais do Carballiño.