Chema Ferreiro presenta a súa dimisión polo resultado electoral e anuncia que non tomará posesión como concelleiro

27, Maio 2019

Os resultados no concello do Carballiño non foron os agardados para o BNG, que perdeu máis da metade do apoio electoral recibido fai 4 anos atrás, ao quedarse desta vez con apenas 455 votos, o 5,62% do voto válido escrutado.

Chema Ferreiro dimite "por coherencia e porque quero asumir en primeira persoa as responsablidades políticas" e por eso mesmo anunciou nesta emisora de radio que "non tomaréi posesión como concelleiro electo, Sofia (nº 2 da candidatura) está preparada para asumir a responsabilidade de ser a nova portavoz municipal do BNG".

Ferreiro entende que  "foron unhas eleccións extrañas, nas que o pobo saíu en tromba en apoio de Fumega" considerando que a presenza de Pachi Vázquez distorsionou este proceso electoral e favoreceu o masivo apoio do electorado ao alcalde Fumega, que tamén tería perxudicado directamente ao BNG.