A científica carballiñesa Maria Teresa Miras Portugal ingresa como Académica Correspondente da Academia de Farmacia de Galicia

15, Marzo 2018

Foi a primeira muller que presideíu en España unha Real Academia Nacional.

A carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal fora nomeada no ano 2007 como presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, cargo para a que resultara reelexida para un segundo mandato en 2010.

Catedrática de bioquímica e bioloxía molecular na Universidade Complutense de Madrid, foi condecorada pola Xunta de Galicia no ano 2016 coa medalla Castelao.

Agora, acaba de ingresar como Académica Correspondente da Academia de Farmacia de Galicia.

Na sede compostelana desta institución pronunciou este pasado mércores o seu discurso de ingreso, nun acto no que estivo acompañada de familiares e amigos, e ao que tamén asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o exalcalde Argimiro Marnotes.