Cine, circo e teatro, na axenda carballiñesa da fin de semana

11, Decembro 2020

Cine e teatro no auditorio e un novidoso e sorprendente espectáculo circense, forman a proposta cultural para esta fin de semana no Carballiño.

"Reboiras, acción e corazón" a película galega que proxecta o Cine-Club

Será o venres 11 e o sábado 12, ás 20:00 horas no auditorio do Carballiño. Con esta producción dirixida por Alberte Mera, que está presente e participará nun coloquio na sesión do sábado, a entidade cineclubista celebra o 10 aniversario dende que a finais de 2010 retomou as proxeccións semanais.

"O Carballiño, á luz da lúa"

O sábado 12 ás 18:00 horas na Praza da Veracruz. Trátase dun espectáculo de circo no que se pon en valor diferentes técnicas circenses, entre as que domina a acrobacia. Eso sí, no canto de realizar as acrobacias en estructuras, lévanse a cabo con 80 globos de helio de 1,5 metros de diámetro cada un. O espectáculo, programado polo concello do Carballiño, está patrocinado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Gratuíto.

"Mai, Mai", teatro infantil coa compañía Baobad Teatro

O domingo 13 ás 17:30 horas no auditorio do Carballiño. Unha representación teatrl para un público familiar e infantil recomendado a partir dos 5 anos en adiante. "Mai, Mai" é a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. Entrada: 3,5 euros.