Cine Club ofrece esta semana seis películas de cine alemán no auditorio, con entrada gratuíta

13, Marzo 2017

O cine club Carballiño organiza en colaboración co Instituto Goethe de Madrid un ciclo de cine alemán para a vindeira fin de semana. Os días 17, 18 e 19 de marzo o Auditorio Municipal do Carballiño albergará una extensa programación composta por seis obras emblemáticas do cine alemán das últimas cinco décadas.

A entrada a todas as sesión será gratuíta grazas á colaboración co Instituto Goethe, que cedeu os dereitos e as copias de xeito desinteresado. O ciclo iniciarase o venres 17 ás 20:00 horas cun dos maiores éxitos de crítica e público do do cinema xermano: Bagdad café, de percy Adlon, que consagrou á súa actriz protagonista, Märianne Sagebretch. Ás 22:30 proxectarase Alicia en las ciudades, primeira dunha serie de películas que o director Win Wenders rodou nos USA.

Precisamente o segundo día do ciclo iníciase coa que probablemente sexa a obra máis coñecida deste director, París Texas, obra mestra dun dos directores máis prolíficos e interesantes da historia do cine. O seu pase será ás 20:00 horas. A continuación, ás 22:30 poderemos ver Freistatt (Refugio). Trátase dunha oportunidade case única no noso país, xa que esta película do 2015 non se estreou comercialmente én España e só se poido ver en festivais.

O domingo 19 rematará o ciclo con dúas películas máis: La vida en obras (18:00 horas) e Contra la pared (20:00 horas). A primeira é una deliciosa comedia dramática de 1996 coa que W. Becker (Good bye Lenin!) acadou sona e recoñecemento internacional, así como un gran éxito de público. A segunda é un drama de Fatih Akin que trata sobre a inmigración, coa que acadou o Oso de Ouro no Festival de Berlín do ano 2004, o premio Goya á mellor película europea, 5 premios do cine alemán (entre eles mellor película), o Premio á mellor película Europea.

Todas as sesión serán en versión orixinal en alemán subtituladas ao castelán. Durante o ciclo farase tamén una colaboración coa Asociación protectora de animais do Carballiño, recollendo comida para cans na entrada do auditorio. Todos aqueles que queiran poderán colaborar aproveitando que a entrada é gratuíta.