Cine, concerto da coral do casino e a banda de Vilatuxe e teatro-circo con Pista Catro, na axenda fin de semana

13, Decembro 2019

Para este venres dia 13 de Decembro, ademáis da ruta das tapas na hostelería local, o programa de nadal da concellería de cultura tamén inclúe a película que nos ofrece o Cine Club Carballiño, ás 20:00 e 22:30 no auditorio, a película española "Los años que vendrán".

Ademáis, dous eventos culturais protagonizarán esta fin de semana no Carballiño: Trátase do Concerto de Nadal e da Gala de Circo, recomendados ambos para todos os públicos, e que terán lugar no auditorio municipal Manuel María.

O Concerto de Nadal, que ofrecerán o sábado 14 conxuntamente a Coral Polifónica do Casino do Carballiño e a Banda de Música de Vilatuxe, comezará ás 20,00 h., coa entrada totalmente libre e gratuita.

A Gran Gala de Circo da compañía Pistacatro, terá lugar o domingo 15 ás 18,00 h. A entrada para este evento, que se leva a cabo dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, será de 3,50 euros. Un importante elenco de artistas porá en escena un dos mellores espectáculos da variedades que se poidan ver: malabares, acrobacias, sketchs de humor…