Cine, teatro, carreira solidaria e concerto conxunto da Coral do Casino e a Banda de Vilatuxe, na Axenda para esta fin de semana.

9, Decembro 2022

O Cine-Club Carballiño proxecta no audotorio o venres 9 o último éxito do cine arxentino "Argentina 1985", en pases ás 20:00 e 22:30 horas.

E ata 3 películas temos en carteleira no Novocine de Leiro: "Mundo Extraño", "A Todo Tren-2" e "As Bestas", en horarios -respectivamente- ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

A Coral Polifónica do Casino do Carballiño e a Banda de Müsica de Vilatuxe ofrécennos un concerto conxunto inspirado en "Carmina Burana", o sábado 10 ás 20:00 horas no auditorio, e con entrada de balde.

E temos desta vez dous espectáculo de teatro infantil, ambos ás 18:00 horas do domingo 11. No centro sociocultural de Boborás "Ai falaches, Castela@" cos actores galegos Osvaldo Digón e Xavi Veiras e con música en directo de Cristian Leggiero. No auditorio do Carballiño, Sala Ártika traenos unha proposta de teatro infantil con "A Illa da Deslembranza".

E xa finalmente, na matinal do domingo, 550 atlétas participarán na Carreira Solidaria do Arenteiro, que organiza o concello do Carballiño.

Máis información de todas estas actividades, coas voces dos seus protagonistas, na programaicón local desta emisora de radio, no "Mediodia de Cope O Carballiño".