Cine, teatro, tasca e literatura, homenaxe a Tomás Mª Mosquera e moito magosto para esta fin de semana no Carballiño e comarca.

10, Novembro 2023

CINE.  O auditorio municipal do Carballiño acolle a proxección semanal do Cine Club Carballiño, "Cerrar los ojos" a gran última película de Victor Erice. Venres 10 ás 19:30 e 22:30 horas. O Novocine de Leiro presenta para estes dias unha carteleira con ata 4 películas, cos titulos, dias e horarios que son os que podes ver no cartaz que ilustra esta información.

TEATRO. A actriz carballiñesa Josi Lage e o actor valdeorrés Gabriel Prada presentan "ALMAR", unha obra inspirada nunha historia real, a relación amorosa que mantiveron o científico Albert Einstein e a espía rusa Margarita Kanionkova. Sábado 11 e domingo 12 ás 20:30 horas no auditorio do Carballiño.

TASCA E LITERATURA. A  Agrupación Cultural Avantar organiza unha nova edición desta actividade histórica no Carballiño, desta vez coas palabras e os versos de Belén de Andrade, Luis González Tosar, Carlos da Aira, Xil Alén e Andrés Fernández. A BODEGA DE FLORES, domingo 12 ás 12:30 horas.

MESA REDONDA DEDICADA A TOMÁS MARÍA MOSQUERA.  O Centro de Estudos Chamoso Lamas conmemora o bicentenario do nacemento deste persoiro histórico que vivíu e ten rúa dedicada no Carballiño. Venres dia 10 ás 20:30 hroas no salón de actos da casa do concello, coa intervención dos historiadores Xosé Luis Sobrado e Carlos Montes, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

FESTA DO MAGOSTO. A gran fin de semana magosteira chega con magostos en todos os concellos e parroquias da comarca, na que varias parroquias celebran a festividade do patrón San Martiño. Os concellos do Irixo e Cea celebrarán este sábado magostos multitudinarios, e no Carballiño, no barrio de Flores desde as 8 da tarde deste 11 de novembro.