Cipriano Caamaño propon suprimir os dous festivos de carácter local en todos os concellos

3, Setembro 2012

A proposta do Alcalde de Boborás será remitida á Xunta de Galicia "xa que os concellos non temos competencias para facélo", manifestou Caamaño.

O rexedor municipal sorprendeu o pleno da Corporación con esta proposta cando se acordaban os dous festivos locais do concello de Boborás para o ano 2013, que serán o 13 de Xuño -festividade de San Antón- e o 19 de Setembro, dia da romaría da Saleta. Caamaño manifestou entón que "tomamos este acordo porque temos que fixar os dous festivos no calendario laboral, pero tiña que ser a Xunta quen estudiase suprimir os festivos de ámbito local, porque non teñen ningún sentido de ser, aínda máis agora que se fala de suprimir festivos de carácter nacional, que están moito máis arraigados".

O concelleiro de MOVE Boborás, José Benito González Trigás, propuxo -sen éxito- que se conservase como festivo o dia de San Antón e que se rotase o segundo festivo local, cada ano coincidindo coa festa de unha das parroquias do municipio. Trigás ironizou coa proposta de Caamaño "é curioso que propoña suprimir os festivos un home que ten 15 dias de descanso laboral polo seu convenio e antigüidade", dixo o concelleiro en COPE O Carballiño.