Ciudadanos perde o único concelleiro que tiña na comarca, Eulogio González continuará agora como non adscrito na corporación de Punxín

12, Febreiro 2021

A crise que vive Ciudadanos na provincia de Ourense deixa ao partido laranxa sen o único concelleiro co que contaba nos concellos da comarca do Carballiño, Eulogio González, edil da corporación municipal de Punxín ven de comunicar que se da de baixa en Ciudadanos e que seguirá agora como concelleiro non adscrito.

No concello de Punxín, no que exerce como 1º tenente-alcalde, o apoio de Eulogio González foi decisivo para que o actúal alcalde do Partido Popular, Manuel Vázquez "Casalta", retivese a alcaldía en minoria tras as eleccións municipais de 2019.