Coa chegada do mes de Xullo "Este verán refréscate na praza", que continúa celebrando o 90 aniversario

30, Xuño 2019

“Este verán refréscate na praza!!” é o lema da campaña que comezan os praceiros este luns, 1 de xullo, e que rematará o 8 de agosto co sorteo de 12 vales de compra por valor de 50 euros cada un e unha caixa de viño Pazo Tizón.

A campaña foi presentada nun acto ao que asistiu a concelleira Silvia Baranda e o presidente da Asociación de praceiros Elixio González.

Silvia Baranda amosou o apoio do concello a esta nova iniciativa da praza de abastos, así como a todas aquelas actividades que redunden na promoción do comercio local, e animou á veciñanza a achegarse á praza para mercar produtos de calidade e, ao mesmo tempo, pode gañar un destes premios.

Eligio González expresou o seu desexo de que a campaña poida ser tan satisfactoria como as anteriores, e recordou que a praza de abastos do Carballiño, que celebra este ano o seu 90 aniversario, realiza un gran esforzo para seguir atraendo clientela e ofrecer o mellor servizo posible.

Ao respecto engadiu que O Carballiño é unha vila moi dinámica con moitas actividades, especialmente nesta tempada de verán, e que a praza súmase a esta oferta ofrecendo o 10 de agosto un concerto do grupo de música folk Feitizo de Pau.

A partir do luns, os clientes reibirán unas papeletas que deberán depositar, tras cubrilas, nunhas urnas, para optar ao sorteo dos 12 vales de compra ou da Caixa de viño que se efectuará o 8 de agosto.