A comarca perde 185 afiliados, deles 137 no Carballiño, á Seguridade Social durante a primeira quincena do estado de alarma

16, Abril 2020

Os datos correspóndense ao 31 de Marzo, e polo tanto xa reflicten os efectos da primeira quincena do estado de alarma na evolución da afiliación á Seguridade Social na comarca do Carballiño.

O concello do Carballiño perde durante os primeiros quince dias da crise un total de 137 cotizantes á Seguridade Social, 127 no rexime xeral e 10 no rexime de autónomos.

Tamén perde afiliados o concello de Piñor (-27) a pesar do incremento de producción nas fábricas de ataudes, e tamén descendes os traballadores activos en Maside (-12) San Cristovo de Cea (-6) San Amaro (-4) O irixo (-2) Boborás (-1) e Beariz (-1).

A única excepción é a do municipio de Punxín, no que se rexistra un incremento de 5 afiliacións.

Se facemos a comparativa interanual, entre Marzo de 2019 a Marzo de 2020, a caída e de 390 afiliados no conxunto da comarca,  a maioria no concello do Carballiño (-329) o que representa un descenso de case un 8% na capitalidade comarcal no tracurso do último ano.