Comeza a pretempada o renovado Arenteiro, baixo a dirección do corpo técnico comandado por Fran Justo e con 15 caras novas no seu plantel

16, Setembro 2020

As instalacións da Uceira acolleron na matinal deste 16 de Setembro a presentación e primeiro adestramento do novo Arenteiro, con moitas novidades no equipo e cun inicio de pretempada condicionado polo protocolo de seguridade pola Covid-19, tras unha breve alocución e benvida do presidente Argimiro Marnotes, Fran Justo e os seus auxiliares dirixiron a primeira sesión preparatoria.

E todos coa vista posta no 18 de Outubro, data fixada para o primeiro partido de liga.

Tras realizar os test físicos no transcurso da pasada semana, un total de 19 fútbolistas tomaron parte nesta primeira sesión de traballo, con tan so catro xogadores do ano pasado, que son Padrón, Pol, Joni e Javi Pazos. 

As 15 incorporacións, por órden de fichaxe, son Rubén Arce (UD Ourense) Marquitos (UD Ourense) Diego García (Ourense CF) Manu Bardelás (Maside) Germán Nóvoa (Ourense CF) Álex Fernández (Pontevedra CF) Eimil (Fabril Deportivo) Martín Torres (Barbadás) Sylla (Coruxo) Germán Pérez (UD Ourense) Adrián Presas (UD Ourense) Manu Mariña (Ourense CF) Portela (Ourense CF) Naveira (Pontevedra CF) e Ángel Expósito (Rápido Bouzas)

Nos próximos dias e pendentes das autorizacións da Federación Galega de Fútbol poderían confirmarse ata tres amigables de pretempada no Estadio de Espiñedo, aos que poderá acceder público.

Ademáis, o club prepara o lanzamento da campaña de socios , tanto para renovación como para altas de cara a próxima tempada na que a categoria da terceira división tera tres fases, a primeira fase cos 24 equipos divididos en dous subgrupos, correspondendolle ao Arenteiro o grupo sur, no que competirá con Ourense CF, UD Ourense, CD Barco, UD Atios, CD Pontellas, Rápido de Bouzas, CD Choco, Alondras CF, CD Ribadumia, Arosa SC e CD Estradense.