Comeza a reforma das rúas Eusebio Lorenzo e Blanco-Amor

4, Xuño 2020

Cun presuposto de licitación de 108.207 euros, e un presuposto de adxudicación de 79.327 euros, diron comezo esta semana os proxectos de reforma das rúas Eduardo Blanco Amor e Eusebio Lorenzo, que se enmarcan no plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño.

Os proxectos conlevan a renovación da canalización da rede de abastecemento e saneamento, así como beirarrúas e asfaltado en quente.

Hai unhas semanas comezaron tamén as obras da rúa Saleta, que conlevan novo asfaltado, reposición da rede de abastecemento e saneamento, beirarrúa e iluminación led. Estas obras, xunto coas que se realizan nas rúas Madalena, Solana e San Benito, suporán unha mellora significativa dos viais deste barrio, cuxo estado era moi deficiente.

Trátase da primera fase dun plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño, que afecta a máis de vinte rúas e que financia o concello con cargo ao superávit do ano 2018, por un importe global de 600.00 euros.

Ademais desta primeira fase do plan, está revisto reformar as rúas Baleares, Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Extramadura, Madrid e Cataluña, así como as rúas Beariz, Boborás, Leiro, Maside, Punxín e San Amaro; e tamén a iluminación con led entre O Torrón a As Caldas de Partovia.

Finalmente, contémplase a renovación do saneamento da Baixada a Flores e a rúa Azucena, así como a ampliación da rotonda de Flores, en Aquilino Sánchez.