Comeza a súa actividade o Obradoiro de Emprego "O Carballiño recupera"

10, Decembro 2012

O salón de actos do concello acolleu a sesión de presentación na que o alcalde carballiñés daba a benvida aos 24 alumnos, monitores e cadro directivo que forman parte do proxecto.

Marnotes animaba aos presentes "a aproveitar esta oportunidade para entrar no mundo laboral". Desde esta semana, e nos vindeiros 6 meses, desenvolverán a súa actividade tanto na zona urbana como na rural, asi como no parque municipal, no caso dos módulos de xardineiría e forxa. Mentres, o módulo de axuda no fogar realizará actividades formativas e os alunmnos recibirán un certificado profesional.

Os socialistas investigan o proceso de selección.

O grupo municipal socialista van iniciar "un proceso pormenorizado de todo o proceso de selección de persoal para este obradoiro de emprego, xa que son continuas as queixas que estamos a recibir de persoas que se presentaron ao concurso e quedaron fora por criterios pouco claros", manifestan. Os soclaistas solicitaron por escrito "que se nos facilitaran os resultados das diferentes avaliacións feita por un tribunal o que entre outros figuraba a número 13 da lista do PP nas derradeiras municipais", remarcan.

Ao proceso de selección presentaronse máis de 200 persoas, das que 24 foron as seleccionadas. Durante o periodo de alegacións presentaronse 12 en total, das que resultaron estimadas 10, aínda que tan so unha desas reclamacións motivou un cámbeo na lista definitiva, según aseguran desde o propio concello.