Comezan as obras de rehabilitación da canle de auga da Fábrica de Papel, que permitirá á Sociedade de Pesca a crianza de troitas autóctonas

5, Febreiro 2019

Comezaron as obras de rehabilitación da canle de auga da fábrica de papel da Lavandeira, que permitirá a cría de troitas. O proxecto, que conta cunha subvención de 48.000 euros da Deputación Provincial de Ourense, e que foi impulsado pola Alcaldía en colaboración cos Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, permitiralle a esta entidade incrementar significativamente a súa capacidade de criar troitas, conxuntamente coa canle que existe dende hai tempo en Toscaña, para repoblar o Arenteiro en tempada de pesca.

O proxecto consiste en recubrir cunha rede metálica a vella canle de agua que discurre pola finca da Lavandeira, con entrada dende o termo da Piscifactoría e saída polo viaducto das norias e mazas, de xeito que permita criar unha gran cantidade de troitas sen que se vexan afectadas polas aves ou calquera outra circunstancia negativa para o crecemento dos alevíns. O obxectivo é que nesta canle se críen exclusivamente troitas autóctonas.

Esta iniciativa, ademáis de contribuir a incrementar a producción de troitas autóctonas para a repoblación do río Arenteiro, que era unha demanda da sociedade de pesca carballiñesa, será un aliciente medioambiental máis que engadir ao conxunto etnográfico e turístico que conforman a fábrica de papel e os muíños, xa que o proxecto tamén conleva a construcción dun paseo enlousado en pedra ao longo da canle.

Os primeiros traballos, que comezaron esta semana, consisten na limpeza e desbroce do terreo que rodea a canle, e proceder a continuación ao nivelado do mesmo por onde irá o paseo, para instalar por último unha especie de xaula de rede metálica que recubrirá a canle.

O alcalde, Francisco Fumega, visitou esta mañá o lugar para comprobar co responsable da empresa adxudicataria o inicio da execución do proxecto, que revalorizará o interese medioambiental desta zona situada tras da Piscifactoría e á beira do conxunto etnográfico do río Arenteiro.

Complementariamente a esta obra, dende hai unas semanas o obradoiro de emprego tamén procede á construc c ión dun pequeño edificio anexo ao secadeiro da fábrica de papel, que albergará a recepción, oficina administrativa e servizos do futuro museo deo papel.