A compra-venda de vivendas cae a mínimos históricos no municipio do Carballiño

12, Abril 2018

Os datos publicados pola Dirección Xeral da Vivenda e O Solo do Ministerio de Fomento non deixa lugar a dúbidas: continuúa en picado o número de transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño, ata caer a mínimos históricos que non se recordan dende que existen datos estadísticos.

Do balance relativo a 2017 despréndese que sigue descendendo a compra-venda de pisos e casas no municipio carballiñés, cun novo retroceso do 7,78% menos que no ano 2016.

O número total de transaccións de vivenda no ano 2017 no concello do Carballiño foi de 83.

Unha tendencia á baixa que pareceía ter tocado fondo, pero que outro ano máis sigue sendo negativo en relación ao ano anterior. Lonxe vai quedando a última época dourada do sector inmobiliario no municipio carballiñés, entre os anos 2006 ao 2008, cando chegaron  a alcanzarse as 400 transaccións inmobiliarias anualmente.