A Concelleira Aurea Francisco promove un plan municipal de igualdade entre mulleres e homes

Data: 
23/2/2010
Aúrea Francisco
O Concello do Carballiño contará este ano cun plan extratéxico  para  a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que está a promover a concelleira nacionalista Aúrea Francisco, responsable da concellería de Igualdade e Benestar. Agárdase que nun prazo arredor dos seis meses poidan completarse os traballos previos, que servirán para facer unha diagnose e establecer as liñas de actuación posteriores, unha tarefa para a que foi contratada a consultora Sánchez-Albornoz, especializada en políticas de xénero e igualdade.En base a esa diagnose, elaboraráse posteriormente o propio plan de igualdade, que incluirá diferentes áreas de actuación, como serán os da propia administración, benestar social, cultura, deportes, formación e emprego, linguaxe ou violencia. O plan de iguladade no que se está a traballar -remarcou a concelleira- "non terá como únicas persoas destinatarias as mulleres, senón que tamén haberá que incluír actuacións para o conxunto da poboación, para homes, nenos e nenas, mozos e mozas, mulleres e homes, de todas as idades". No proceso de elaboración deste plan municipal de igualdade invitaráse a participar nos distintos grupos de discusión ás asociacións carballiñesas, e tamén se farán entrevistas ó persoal técnico e político do concello carballiñés.

Comentarios

Jajajajaja!!!!Pero imos ver!

Jajajajaja!!!!Pero imos ver! Outro plan de igualdade? E logo que lle fixeron o anterior? ou é que era unha fantasmada ao igual co que a Sra Aurea quere poñer en marcha? E para facelo hai que contratar unha consultoría externa? E cantos cartos van gastar? porque si teñen moitos o que si poden facer e repartir ou pagar algunha debeda, ou organizar unha viaxe!!! Por favor, "Grupito" de goberno municipal, un pouco de seriedade! de que nos vai valer ese plan de igualdade? imos levar a mesma roupa cos homes? A igualdade Sra Aurea aprendese na casa e dende pequenos. Que a sociedade non é igualitaria, pois é certo, pero somos as persoas as que a debemos facer IGUALITARIA PARA TODOS, e non un papel. Xa pasou o tempo das utopías Sra Aurea, e vostede ainda non se dou conta. Sempre fala que fala da igualdade para a muller, que si os homes teñen un papel máis fácil, con menos reponsabilidades e trangalladas varias. Mire vostede, eu son MULLER, pero muller de verdade. Levo traballando fora da casa 20 anos, teño tres fillos, e tempo para min, si si, teño tempo e actividades propias. Non preciso dun plan de igualdade, porque eu, sei quen son, ata onde quero chegar e coñezo as miñas limitacións. Pero claro, falamos e falamos do machismo e o femenismo extremo, Sra Aurea é bastante incoerente. Unha magoa que todas as persoas que queren a igualdade tan só a precisen en papel, cando o que se necesita na vida para avanzar é coerencia e personalidade, e de esto último, moitos e sobor de todo moitas dos seus acólitos, carecen totalmente Sra Aurea....ou debería decir Señorita?

Moi bien, moi bien, moi

Moi bien, moi bien, moi bien!, como diría o Farruco hai uns anos, ou máis moderno e ao estilo Xurxo Souto, falou MULLER e falou ben (ou máis ben iso cre ela). Pero esta muller trabucouse de inimigo (debería dicir inimiga) e non debería mesturar os allos cos bugallos. Trabúcase coa conclusión de trocar un Plan de Igualdade por excursións. Mire, miña señora, que o concello se dedique a pasear mulleres á costa de todos e de todas si é unha fraude de lei, para iso ten as axencias de viaxes ou se xa ten idade o Inserso, agás que vostede sexa unha desas afortunadas que cos meus impostos, trabucos, diezmos... vai visitar Europa como medida igualitaria e cultural, que, entón, comprendo que troque medidas de igualdade por viaxes. Outra cousiña, alégrome que sexa muller e que lle vaia ben e que teña todo o tempo libre do mundo, mais eu pregúntolle, iso é o que vostede percibe na maioría das súas veciñas? Porque eu, señora miña sigo almorzando con maiores taxas de paro feminino, soldos inferiores aos dos homes a igual capacidade e esforzo... cando non ceo coa estatística diaria de mortes ao estilo La maté porque era mía. De verdade, non se amargue tontamente e cavile un chisquiño, chegará á conclusión de que incoherente é vostede se en verdade é MULLER. Se a día de hoxe hai que facer plans de igualdade non é por capricho de concelleiras e concelleiros, é nin máis nin menos porque a día de hoxe (2010) seguimos a vivir nun mundo desigual. Por certo, eu son un HOME.

Mire, o que se precisa

Mire, o que se precisa cambiar en todo o noso entorno, non é dende logo factible con plan de igualdade. O respeto polo seres humanos, tanto mulleres coma homes, non pasa polo papel, senon pola práctica de lazos que se van tecendo dende a infancia. E máis un problema educacional que outro tipo de asunto. Si as miñas veciñas entenden que teñen que ser perpetuas escravas dun entorno no que o varón e rei, e no que elas non teñen nin voz nin voto, e que seguramente a súa educación foi encamiñada neste senso. Asegurolle que nas ocasións que me topo con un caso somellante, no que a queixa é que :"sintome soa, teño que traballar fora da casa e cando chego facer as tarefas, teño que facer a compra, os fillos/as non axudan, o marido ou compañeiro tampouco, non teño tempo pra min...etc", procuro inculcar un sentido da independencia que lles permita alomenos sentirse realizadas, non como mulleres, senon como persoas! Eso é o importante, sentirse unha persoa con pleno dereito a decidir. Teño tres irmáns, todos varóns, e dende pequenos sempre nos foron repartidas as tarefas domésticas de forma igualitaria, o noso sentido da responsabilidade fómolo adquirindo a nivel persoal sobre unha educación igual para o 4. Tamén teño tres fillos, dos cales un é varón, e os tres saben que antes de ser home ou muller deben ser persoas, que respeten, e se fagan respetar como tales. Eso non se consigue con un documento en papel. E non señor, non viaxo cos diñeiros dos seus impostos nin diezmos, cando viaxo, fago cos cartos que aforro si é que podo, e senon, quedo na casa. En cando a esa fraude de lei a que vostede fae alusión, cando se utilizan fondos dun plan de igualdade ou fondos públicos en xeral, para levar a cabo excursións ou viaxes varias, é de todos sabido que no Concello do Carballiño, xa se ten feito máis dunha vez. E mesmo si a cantidade destinada a esa viaxe lúdica é pequena, non deixa de ser fraude! O que me pregunto eu si as mulleres participantes (que normalmente non teñen problemas nin de economía, nin de disposición de tempo libre) se sinten máis mulleres por participar! Era ironía a miña alusión as viaxes, non me considero incoherente senon que todo o contrario, os servizos socias en xeral están para axudar con plans de acción concretos, e non con escursións!!! Unha auténtica tristeza todo o que se pode ler e ver a diario nos medios de comunicación, e persoalmente espero que, a curto prazo cambien as mentalidades do entorno de todos esos mozos e mozas e ainda pensan que "quen máis te quere farate sufrir", que desgraciadamente son maioria. De todos modos, pouco se pode esperar dunha sociedade que no ano 2010, está convencida que os nenos teñen que ir vestidos de "azul" e as nenas de "rosa". Unha sociedade na que non se educa os rapaces na cultura do esforzo senon na da recompensa non merecida. Unha sociedade na que se distingue primeiramente as persoas polo seu sexo, e non como individuos, que se deberían formar e educar, como prioridade para converterse ante todo en persoas libres.