Concelleira de Sanidade e Xerencia do CHUO analizan as necesidades de mellora no Centro de Saúde do Carballiño

3, Outubro 2017

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, mantivo unha reunión co xerente do CHUO, Dionisio López Bellido, coa finalidade de analizar a solicitude de acondicionamento de diversos espazos do centro de saúde do Carballiño.

Específicamente, pídese a humanización de asistencia en embarazos e pediatría. Así mesmo, a concelleira solicitou a colaboración do xerente para manter unha reunión no propio centro de saúde cos seus responsables co obxectivo de abordar as melloras que se precisan.

Na reunión, Marina Ortega tamén plantexou a ausencia de matrona durante a baixa da titular no verán, así como a saturación de pacientes para os médicos e enfermeiras, sobre todo polas tardes. Ao respecto, Dionisio López apuntou que dende o departamento de Recursos Humáns realizarase un reaxuste de pacientes por facultativo, e a reasignación de atencións.

Asemade, ante a demanda do servizo de pediatría pola tarde, reiterouse a falla de profesionais especialistas, e con respecto á petición dunha ambulancia para o ámbito intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro, o xerente dixo que lle corresponde ao 061. Marina Ortega ten previsto solicitar unha próxima reunión coa consellería de Sanidade para intentar facer efectivas canto antes algunhas das demandas plantexadas que sobrepasan o ámbito de actuación do Chuo.