A concelleira do BNG estimula ao PSOE para que solicite un pleno muncipal extraordinario sobre a imputación do alcalde

26, Marzo 2013

Foi no transcurso do pleno da corporación municipal cando Áurea Francisco incitou publicamente ao grupo socialista, que conta co número suficiente de concelleiros para este fin, para que presente esa solicitude no rexistro municipal.

Os socialistas aproveitaron o punto de rogos e preguntas para solicitar que o alcalde dea explicacións públicas sobre a súa imputación xudicial, cando se viron sorprendidos pola "invitación" da concelleira nacionalista, que noutro momento da sesión lamentou que o concelleiro socialista Adolfo Nogueira calificase de "descafeinado" o pleno da corporación carballiñesa..

Precisamente, no mesmo, a concelleira do BNG defendeu unha moción sobre a situación actúal da cultura galega na que criticou as "estratexias do Partido Popular" en materia cultural e reclamou cámbeos na política cultural da Xunta de Galicia. Aúrea Francsico demandaba do pleno un acordo para instar á Xunta de Galicia a destinar máis investimentos para a producción cultural galega "e rebaixar o orzamento destinado á Cidade da Cultura" para desta maneira atenuar unha "crise que está afectamento aos diferentes sectores culturais que atravesan un momento crítico". A moción foi apoiada polo grupo socialista pero rexietada polo grupo de goberno. O concelleiro de cultura Rodrigo González aproveitou a moción para defender a xestión cultural que se fai no concello do Carballiño "co diñeiro do que dispoñemos".

Por unanimade acordouse aprobar a instancias do grupo socialista unha petición que será elevada ao goberno do Estado para que se leven a cabo as xestións precisas para que se fagan convenios con México e Panamá con vistas a que se convaliden  os carnés de conducir deses países que carecen de validez legal en España.