A Concelleira do BNG pide ao concello que axilice a reactivación do servizo de conciliación da vida familiar e laboral

27, Maio 2020

O BNG reclama medidas urxentes para o sistema de concialiación. A concelleira nacionalista, Sofía García, destacou que o goberno do Concello de O Carballiño ten que establecer propostas neste eido porque as familias “teñen dereito a saber se desde o concello se vai apoiar e facilitar a conciliación” así como reforzar as actividades dirixidas ás crianzas.

Levamos agardando desde o ano pasado a que se defina con claridade e se informe por parte da concelleira de Servizos Sociais como se vai configurar o SERVIZO DE CONCILIACION DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, que tipo de xornadas se van a prestar e si se inclúe o servizo de comedor no Verán Divertiño.

A covid-19 puxo en evidencia a precariedade do sistema de conciliación que impera na sociedade. O confinamento colocou a responsabilidade de moitas familias unha carga de traballo inmensa e en especial nas mulleres e nas familias monoparentais e monomarentais. “Suman tres en un: teletraballo, coidados e as tarefas do fogar”. A isto súmaselle a preocupación dos núcleos familiares á hora de pagar as facturas e conciliar a vida laboral e a familiar.

“Desde o BNG pensamos que hoxe en día fai máis falla que nunca a activación, desde o Concello, dos mecanismos para facilitar a conciliación laboral e a atención das crianzas. Algúns concellos do país xa están a facelo, abrindo as prescricións para o verán e sempre condicionada a normativa sanitaria e sobre o estado de alarma” afirmou García, concelleira do BNG. Asemade, sinalou que as familias teñen dereito a saber se desde o Concello de O Carballiño se vai apoiar e facilitar a conciliación.

A organización nacionalista defende o reforzo destas actividades dirixidas ás crianzas tanto en número coma en horarios e con especial atención á diversidade sempre que se cumpran as condicións de seguridade.

Para a concelleira do BNG, o goberno do Concello de O Carballiño debe procurar alternativas “ter iniciativa sempre dentro da normativa que establezan as autoridades sanitarias competentes. Mais ten que deixar de agocharse detrás da incerteza como xustificación para esta parálise”