A concelleira María José Pérez e tres traballadores municipais imputados por un delito de maltrato animal

27, Febreiro 2014

Tres traballadores municipais e a concelleira socialista Maria José Pérez, responsable do departamento municipal de medio ambiente cando se produciron os feitos, están imputados por un delito de maltrato animal.

Tras varios arquivos do procedemento por parte do xulgado nº 1 do Carballiño, a Audiencia Provincial ordenou reabrir o caso, e tomarlle declaración en calidade de imputados aos responsables da canceira municipal da Medela nos primeiros meses de 2009.

Daquéla, as organización ecoloxistas Amigos da Terra e Matar por Matar Non denunciaron ante a Garda Civil a existencia dunha fosa nas instalación da canceira, con ducias de cans mortos e con sinais de violencia.

A concelleira prestou declaración este mércores dia 26 no xulgado carballiñés, tamén o fixo os traballadores, que negaron a súa implicación na morte dos animais. Aínda queda pendiente a declaración de outro traballador municipal, citado para o 27 de marzo