A Concellería de Deportes do Carballiño prepara a organización da " Gala do Deporte"

7, Maio 2009

O vindeiro dia 26 de xuño celebraráse a 2ª Gala do Deporte Carballiñés, que terá o seu acto central no auditorio coa entrega das distincións ós e ás deportistas locais que pola súa traxectoria  durante o último ano se fagan merecedores do recoñecemento do xurado, que deberá seleccionar os mellores en 10 modalidades. Mellor alumno e alumna das escolas deportivas municipais, mellores deportistas dos ximnasios carballiñes, asi como en fútbol-sala, fútbol e motor. Tamén se recoñecerán os deportistas da 3ª idade e históricos, asi como as empresas colaboradoras a través dos patrocinios e a promoción do deporte local nos medios de comunicación.

A presentación de candidaturas podese realizar tanto a nivel individual como polos clubs, asociacións ou entidades deportivas, e deberán formalizarse na área de deportes do Concello do Carballiño. Desde este mesmo departamento muncipal, que dirixe o concelleiro Manuel Dacal, xa se levaron a cabo varios contactos con deportistas de elite para que asistan a esta gala, estando aínda pendiente de confirmación.