A Concellería de medio ambiente asegura que todas as fontes do Carballiño son sometidas a controles sanitarios periódicos

28, Setembro 2009

"O Concello do Carballiño é recoñecido a nivel autonómico e estatal polos seus afluentes naturais, unha parte dos que son de características minero-medicinais", pon de manifesto a través dun comunicado a Concellería de Medio Ambiente que tamén aclara que "no afán de informar  á poboación colocou dous tipos de carteis", os de "auga non controlada sanitariamente" que indican que a auga transcorre de maneira natural e non está clorada, e outros coa lenda "auga potable" cando a auga está clorada e procede da rede de abstecemento municipal. Tamén se asegura que todas as fontes municipais son sometidas a controles sanitarios de forma periódica. As aclaracións do departamento municipal de Medio Ambiente  teñen, seguramente, que ver coa denuncia pública que na súa páxina web ven de facer A Asociación Ecoloxista "Matar por Matar Non".

No informe ecoloxista chámase a atención sobre a que se entende é "chocante proliferación de carteis colocados polo Concello Carballiñés ó lado das fontes do municipio, o que chama a atención "dos desconcertados visitantes al constatar que pese a la abundante publicidad calificando a O Carballiño como vila termal y balnearia, tal hecho constata con el abandono sanitario de las innumerables fuentes que encontramos en la villa", manifesta o grupo ecoloxista, que ademáis considera que a maioria das fontes están abandoadas, secas e sucias, e polo tanto sen o debido control sanitario. Unha situación da que son culpables -remarca esta asociación- os xestores políticos locais e a súa desidia. O manifesto completo pode verse no enlace http://www.matarpormatarnon.org/node/901