Concello de Cea e Sanidade asinan un convenio para a renovación do sistema de fontanería do Centro de Saúde

11, Setembro 2025

O salón de actos do Concello de San Cristovo de Cea acolleu a sinatura do convenio de colaboración coa Consellería de Sanidade para a renovación do sistema de fontanería do Centro de Saude de Cea, que presentaba un avanzado estado de deterioro.

O Conselleiro, Antonio Gómez Caamaño e o alcalde, José Luis Valladares Fernández, asinaron este documento que supón unha inversión de preto de 14.000 para mellorar o sistema coa finalidade de asegurar unha subministración de auga axeitada, evitando posibles avarías ou fugas.

As obras consistirán na substitución de xeito completo da rede de tubaxes da planta baixa. Ademais, instalarase un sistema de retorno da auga quente sanitaria e do termóstato, co que se mellorará a eficiencia enerxética e se garantirá un maior confort para os usuarios e traballadores do Centro de Saúde de San Cristovo de Cea