Concello e ASPADISI colaboran na organización conxunta de actividades deportivas

1, Decembro 2015

A concelleira de Benestar Social Marina Ortega entregou os diplomas aos 24 integrantes de ASPADISI que, durante os últimos 3 meses, viñeron participando nun variado programa de activiades deportivas promovidas dende este departamento municipal. Este programa completouse cunha andaina celebrada esta mañá.

Aprobeitando a visita da concelleira ás instalacións de ASPADISI, mostraronlle a decoración de nadal, asi como os traballos realizados polos membros desta asociación "que poden ser un bo agasallo de Nadal, xa que son xoguetes e adornos feitos en madeira e de xeito totalmente artesanal, subliñou a concelleira de Benestar Social co concello carballiñés.