Concerto de "A Roda", Serán de Mandrás e prólogo festivo de Stª Rita de Dacón, platos fortes da fin de semana.

19, Maio 2017

"A Roda Xira 40 Aniversario" é o concerto que nos ofrece o mítico grupo galego  este sábado dia 20 de Maio ás 20:30 horas no Auditorio do Carballiño.

Un repaso pola discografía do grupo e os seus 40 anos de historia. As entradas, en venda anticipada poden adquirirse no Aparthotel Arenteiro, A Fuchela e Cafetería O Fiadeiro, ao prezo de 10 euros, 12 euros en taquilla.

No campo da festa de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, e dende as nove da noite en adiante, tamén neste mesmo sábado 21 de Maio celébrase o "3ª Serán de Mandrás", unha cita para os amantes da música máis tradicional, con actuacións de pandereiteiras, gaiteiros e a actuación estelar do "Rancho Folclórico e Etnográfico de Entre Ambos Os Rios" de Portugal.  Tamén temos convite á "3ª festa da tortilla de Mandrás".

Na vila de Dacón, esta fin de semana ambiente pre-festivo, prólogo aos dias grandes da Santa Rita 2017, lúns 22 e martes 23 nos que actuarán en Dacón as grandes orquestras "El Combo Dominicano" e "Panorama".

Antes, sábado e domingo, sucederánse as actividades, con concentracións moteira e cabalar, ruta de Quads, festa infantil e 2ª xuntanxa-cea popular na noite do sábado, tamén co pregón desta Santa Rita 2017 que estará ao cargo dun dos xamonerios maís veteranos, José antonio Prado "O Farruquiño".