A Confederación Hidrográfica executa a reforma do colector de residuais do río Arenteiro, e anuncia a obra de reforma de rúa Ourense, que terá un orzamento de 1,7 millóns de euros.

10, Xaneiro 2023

A empresa Viaqua foi a adxudicaria desta actuación para resolver as deficiencias que presenta o colector de residuais da marxe esquerda do río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño, os traballos comezaron esta semana e teñen un prazo de execución dun mes, cun orzamento de 89.980 euros. O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga e o alcalde Francisco Fumega visitaban esta mañá as obras no paseo fluvial, nas inmediacións da ponte medieval de Veiga.

Ademáis, ambos mandatarios tamén se referiron a anunciada obra de reforma integral da rúa Ourense. O Presidente da Confederación Hidrográfica asegurou que xa está rematada a redacción do proxecto, que inclúe novas canalizacións de pluviais, abastecemento e saneamento, asi como construcción de beirarrúas, iluminación nova pavimentación, unhos traballos que teñen xa unha avaliación económica, que precisará unha inversión de 1,7 millóns de euros. Concello e Confederación asinarán pouco tempo -manifestou José Antonio Quiroga- o convenio de colaboración para facer realidade esta tan demanda obra por parte da veciñanza desta rúa Ourense.