A Confederación Hidrográfica investirá 260.000 euros na limpeza do río Arenteiro e reparación do paseo fluvial

21, Xaneiro 2019

Asi se recolle nun convenio de colaboración asinado na casa do concello entre o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

A Confederación aportará este ano un investimento de 260.000 euros, para financiar estas obras, que licitará próximamente.

Trátase da limpeza e saneamento das ribeiras do río Arenteiro ao seu paso pola zona urbana do Carballiño, asi como a reparación daquéles tramos do paseo fluvial que se encontran deteriorados.

Ademáis tamén se acometerá un proxecto de mellora na área recreativa de Toscaña.