A Confederación Hidrográfica somete a información pública o proxecto de renovación integral da rede de saneamento e abastecemento na vila de Maside, no que investiránse 470.000 euros

30, Xuño 2020

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de publicar unha resolución acordada con data do pasado dia 27 de Maio pola que se somete a información pública, por un periodo de 20 dias hábiles, o proxecto que vai executar na vila de Maside.

A citada resolución é consecuencia do convenio de colaboración asinado recentemente polo alcalde Maside, José Manuel Iglesias e o presidente da Confederación Hidrógráfica do Miño-Sil José Antonio Quiroga, e que vai permitir acometer o proxecto de mellora da rede de pluviais e saneamento na capitalidade municipal deste concello.

Desta maneira, a Confederación Hidrográfica comprométese a financiar a obra de renovación das redes de pluviais e saneamento na capitalidade municipal, que quedaran moi danadas polos temporais que afectaran á nosa comarca no inverno de 2018.

Procederáse á intalación dun novo colector principal e renovación da rede integral, e posteriormente a reposición das beirarrúas e da calzada.

A obra terá un coste total de 470.000 euros, dos que a Confederación achegará 376.000 euros (o 80%) mentres que o 20% restante, que son 94.000 euros, serán aportados polo propio concello.