A Confraría da Veracruz presenta unha programación que fai do Carballiño unha referencia na Semana Santa da Galicia interior

17, Marzo 2017

Catro procesións (a do Traslado, a de Ramos, a da Sentencia e a Misericordia, e a dos Caladiños); catro conferencias dos historiadores David Chao, Xosé Luis Sobrado, Francisco Fumega e José Manuel García Iglesias, e, por primeira vez, un pregón a cargo do arcebispo de Belcastro e secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, nomeado polo Papa Francisco, José Francisco Carballo, son as principaispropostas da Cofradía da Veracruz do Carballiño para esta próxima Semana Santa.

O programa foi presentado este mediodía no concello do Carballiñonun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o cofrade maior Rafael Melero; o párroco da vila, José Benito Sieiro e representantes de entidades e firmas colaboradoras como o Centro Comercial Pontevella, Aceites Abril e Restaurante a Fuchela, entre outros.

Como novidadedeste programa destaca unha exposición que leva o tíitulo de “A Paixón según Playmobil”, e consiste nunha representación da Paixón con preto de 2.000 pezas de playmobil, que é a primeira vez que se exhibe en Galicia. Esta exposición será inaugurada o sábado 25 de marzo, abrindo o programa de Semana Santa da Cofradía da Veracruz, que nesta edición, a décima, terá unha gran difusión a través de grandes vallas publicitarias en Ourense, en Vigo e no Carballiño.

Complementariamente con esta mostra, poderá verse unha escola gráfica conmemorativa do décimo aniversario da cofradía.

O símbolo principal do cartel de promoción é unha sinxela cruz de madeira inclinada, nunha clara alegoría o décimo aniversario da cofradía. E como elemento diferencial reprodúcese un prato de pulpo e unhabágoa, e debaixo o lema: Devoción, gastronomía e termalismo.

Con isto a cofradía quere resaltar non só o aspecto relixioso da Semana Santa, senón tamén as potencialidades turísticas do Carballiño, como son o pulpo e os balnearios.

Por primeira vez prográmase un pregón cunha personalidade vencellada ao Papa Francisco, e unha representación teatral sobre a Paixón de Cristo, que terá lugar o 11 de abril. Con excepción das conferencias, que serán no Asilo os días 25, 28 e 30 de marzo e 1 de abril, todos os demáis actos desenvolveranse no Templo da Veracruz.

Cobra especial relevancia a Procesión do domingo de Ramos, coa estrea da nova figura “A Borriquiña” do escultor sevillano Isorna, e por segundo anoconsecutivo “A Madrugá” (procesión nocturna do Xoves Santo). Rafael Melero, irmán cofrade maior, asegurouhoxe que contan con 250 cofrades, e que este ano adquiriron noventa novos capirotes para as procesións. Ademáis fixo un relatorio de todo o feitonestes últimos dez anos. Rosendo Fernández destacou a colaboración entre as institucións e as entidades públicas e privadas como modelo para conquerirobxectivos. 

Francisco Fumega dixo que este ambicioso e novidoso programa íase complentar cunha programación cultural do concello que se ía presentar nos próximos días. Ao respecto adiantou que para esas datas xa estaría inaugurado o novo balneario das Caldas de Partovia e sería un aliciente máis para visitar O Carballiño.

O acto foi presentado polo xornalista radiofónico ourensán Vidal López, e contou cunha numerosa asistencia, como o portavoz municipal do PP, Argimiro Marnotes, concelleiras e convidados de todos os estamentos carballiñeses.