Consulta aquí toda a programación: música, teatro, cine, maxia, animación de rúa, e actividades infantís e deportivas no nadal do concello do Carballiño

4, Decembro 2018

A programación cultural e deportiva de Nadal oferta case medio centenar de actividades e eventos durante decembro e xaneiro, co obxectivo de dar realce e promover un abano de posibilidades de lecer nestas datas festivas.

O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernandez, que especificou que se trataba de actividades para todo tipo de público, pero con especial incidencia na infancia.

Espectáculos musicais, de animación de rúa, teatro familiar e infantil, concertos, monólogos, obradoiros, gastronomía, cine, fotografía, maxia e torneos, conforman a carteleira para disfrutar do Nadal con actividades para todos os gustos organizadas polo concello, polo Centro Comercial Aberto e polas entidades culturais e deportivas da vila.

Así, haberá dous grandes espectáculos musicais:

-“LA BELLA Y LA BESTIA. LA LEYENDA”, que estará no auditorio o 21 de decembro, ás 6 da tarde.
-E “SUPERSCALIFRAGILÍSTICO O MUSICAL. TRIBUTO A MARY POPINS”, o día 11 de xaneiro, ás 7 da tarde.

Este sábado, 8 de decembro, terá lugar un gran espectáculo de animación de rúa a cargo da compañía Troula: “A LUZ DO NADAL”. Será na Rúa do Paseo das 19,30 ás 21,00 h.

E o domingo, 9 de decembro, títeres para bebés “O QUEBRANOCES”, pola compañía Musicreques. Nenos/as de 0 a 3 anos, ás 11,30 h., no auditorio.
Tamén destaca o sábado, 22 de decembro, a representación da obra para público familiar e infantil a partir dos 8 anos: “OS FABULOSOS CLENEARS”, pola compañía Teatro Malasombra. Auditorio municipal, ás 18,00 h.

A compañía de teatro Tiruleque representará o sábado, 15 de decembro, ás 19,00 h., na Residencia para maiores do Cornuval, a obra “Pasou un anxo”.

No ciclo de humor “CarballiñoComedy” destaca, ademáis do monólogo de Luis Piedrahita, que tivo lugar este domingo pasado, o espectáculo de JJ Vaquero máis Chema Trueba, que terá lugar o sábado 12 de xaneiro, ás 21,00 h., no auditorio.

Cine Club Carballiño oferta unha carteleira moi suxerente:

-Venres, 7 de decembro, “El taller de escritura”.
-Venres, 14 de decembro, “La cámara de Claire”.
E os días 26, 27 e 28 de decembro, tres películas para todo os públicos: “El malvado zorro feroz”, “Los increíbles” e “Vengadores: Infinite War”. Serán ás 18,00 h., no auditorio.

No capítulo gastronómico destaca a Ruta das Tapas, que terán lugar os venres, 7 e 14 de decembro.

Concertos de Nadal:
-Domingo, 16 de decembro, no auditorio ás 20,00 h. Coral Polifónica do Casino do Carballiño e Banda de Vilatuxe.
-Martes, 18 de decembro, no auditorio ás 20,00 h., “Audición de Nadal do Conservatorio de Música”.
-Martes, 25 de decembro, no Templo da Veracruz, ás 12,30 h., Coral polifónica Casino do Carballiño.
-Xoves, 3 de xaneiro, no auditorio ás 20,30 h., Gala alumnos do Conservatorio “Los Perrys”.
-Domingo, 6 de xaneiro, no Templo da Veracruz, ás 18,00 h., Concerto de Reis do Orfeón do Carballiño.

Espectáculos e Animación de rúa:

-Animación musical nas feiras do 15 e 31 de decembro.
-Zancudos, malabares e maxia na Praza Maior:
Día 22: 12,00 h. Fantasia en branco (zancudos).
20,00 h. A queimarroupa (lume)
Día 23: 12,00 h. Fantasía en branco (zancudos)
20,00 h. Na escuridade (lume)

A sala infantil da biblioteca acollerá unha campaña de animación á lectura e obradoiros, que terán lugar de 11,30 a 13,30 h. co seguinte programa:
-Día 26: O Nadal en letras “O Verso Voador”.
-Día 27: A lectura no mundo “A mochila viaxeira”.
-Día 28: Conto de Aninovo “Gran xogo das letras musicais”.

O sábado, 19 de xaneiro, terá lugar o espectáculo de mentalismo e hipnose “MENTAL”. Será ás 20,30 h., no auditorio.
E o sábado, 26 de xaneiro, celebrarase o IV Festiva de Cantos de Taberna “No bico un cangtar”.

CARROZAS DE PAPÁ NOEL E CABALGATA DOS REIS MAGOS

Este ano haberá unha carroza de Papá Noel, que visitará O Carballiño os días 22, 23 e 24 de decembro, e se situará na Praza Maior co seguinte horario:
-Días 22 e 23: De 17,00 a 21,00 h.
-Día 24: De 17,00 a 19,00 h.

A cabalgata dos Reis Magos partirá ás 18,00 h., do sábado 5 de xaneiro do Templo da Veracruz, e ao comezo terá lugar un gran espectáculo no exterior da igrexa de lume, luz e son.

O Centro Comercial Aberto volve a poner en marcha a iniciativa do Tren de Nadal, que percorrerá as rúa do pobo os días 22 e 23 de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h.

Tamén organiza uns obradoiros de Nadal co título de “ROBOCCAMB” (Educación ambiental e robótica), os días 26, 27 e 28 de decembro, de 10,00 a 13,00 h., nas oficinas do CCA (rúa Carlos Velo, 2).

E o venres, 4 de xaneiro, o centro comercial pon en marcha a actividade “Colchonetas divertidas do CCA”. Será nas prazas da vila de 16,30 a 20,30 h.

A Asociación fotográfica O´Potiños prosigue coas exposicións do “Arenteiro Fotográfico” no Casino, Concello, Auditorio, Rú Principal, Café Plaza, Hotel Arenteiro, Asador Veracruz e Pazo da Almuzara.

DEPORTIVAS
En canto á programación deportiva, destacan varias actividades:

-“Gala de Nadal del Club Patinaxe AEHDE”, que terá lugar o venres, 21 de decembro, ás 20,00 h., no pavillón de deportes.
-“10ª CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO”. Domingo, 23 de decembro, ás 11,00 h., na praza da Veracruz.
-“I Campionato de Padel Asociacion Pídechas o Corpo”. Do 24 ao 29 de decembro nas pistas do pavillón de deportes.
-“I Torneo de Reis Fútbol Sala Base do GRI Carballiño FS”. Días 3, 4 e 5 de xaneiro. Pavillón Paco Chao.
-“1º Campionato de Reis de Xadrez Concello do Carballiño Sub14”. Sábado, 5 de xaneiro, na sala de exposicións co auditorio.