Consulta aquí toda a programación para a "62 Festa do Pulpo", do 30 de xullo ao 11 de agosto.

21, Xullo 2024

A 62 edición da Festa do Pulpo a celebrarse o domingo 11 de agosto, terá a súa programación previa desde o 30 de xullo, con actividades a diario e con actividades gratuítas e con propostas para todas as idades, unha programación na que destacan os concertos musicais, as orquestras, a tapa xigante de pulpo, a festa das camisetas e un reforzado festival de música tradicional galega para o dia grande da festa, tanto no parque municipal como no casco urbano.

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS. Do 30 de xullo ao 2 de agosto de 19 a 21 horas na Praza da Veracruz, con actividades interactivas para os máis pequenos.

MOSTRA DE VIÑOS DO RIBEIRO. A Festa do Pulpo destee ano 2024 está dedicada ao Ribeiro, e asi os dias 3 e 4 de agosto de 12 a 21:30 horas a Praza Maior do Carballiño acollerá unha mostra dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro, da que forman parte 3 parroquias carballiñesas, as do Varón, Banga e Cabanelas. Os dous dias a partir das 8 da tarde haberá amenización musical con Os Biruxes, Isidro Vidal e "El Hechizo de Nora".

CONCERTO DE CLON MELA. Será o lúns dia 5 ás 20 h. na Praza Maior.

A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO. O gran espectáculo que cada ano ofrecen as pulpeiras e pulpeiros de Arcos-O Carballiño está programado para o martes 6 a partir das 19 h. na Praza Maior, coa animación musical de "Terras do Arenteiro", e a partir das 21 h, tamén na Praza Maior, o concerto de SOUL&ROCk.

ORQUESTRA AMÉRICA. Mércores dia 7 a partir das 23 h. na Praza Maior.

ORQUESTRA COMBO DOMINICANO. Xoves 8 ás 23 h. na Praza da Veracruz.

FUTBOL, CD ARENTEIRO-PONTEVEDRA CF,  venres 9 ás 19:30 h. no Estadio de Espiñedo.

DISCOMÓBIL A GRAMOLA,  venres dia 9 a partir das 23 h. na Praza Maior.

FESTA DAS CAMISETAS. Sábado 10 a partir das 17 h. na Praza Maior.

FESTIVAL DE MUSICA TRADICIONAL E CHARANGAS. O domingo dia 11, a partir das 11 da mañá animarán as rúas do Carballiño varias charangas. Xa no parque municipal, de 12 a 18 h, GRAN FESTIVAL DE MUSICA TRADICIONAL GALEGA coa participación das agrupacións: CORIBANTES DE BUCHADE, CANTANASCROAS, MADIAVELA, e ESKELGA. As 20:30 h. concerto de "Amigos do Acordeón de Celanova", na Praza Maior.

CONCERTO DE OSCAR IBAÑEZ&TRIBO. Fin de festa co concerto estelar a partir das 23 h. do domingo 11 na Praza Maior do Carballiño.