Continúa a preparación: empates do Arenteiro en Chantada e Ourense

15, Agosto 2014

Ante o Pabellón da división de honra xuvenil, o Arenteiro empatou a dous goles nun partido xogado no campo dos Remedios de Ourense.

Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, chegando ao  descanso con 0-2, con dous goles de Brais. Mal na segunda parte, tras os cámbeos, o Arenteiro perdeu o control do xogo e acabou cedendo un empate nos últimos minutos do partido.

SD Chantada 1 CD Arenteiro 1

Partido xogado no campo do Sangoñedo ante o equipo locatario, a SD Chantada da preferente norte. 

Curiosamente, foi o chantadino Brais quen inaugurou o marcador para o Arenteiro, ao aproveitar un centro de Sanginés dende a banda dereita.

Tralo descanso, o árbitro premiou aos locais cun inexistente penalti na área carballiñesa, transformado en gol polo equipo local. Ata o final o marcador xa non se moveu.

CD Arenteiro 2 Verín CF 2

Ante os verinenses empate a un gol ao descanso, e ao final de partido a dous tantos. Dani Vázquez e Oli, éste último de penalti, marcaron os goles carballiñeses nun partido no que Miki López utilizou a totalidade de xogadores dispoñibles.

Dani Arbo, Alex Santiago, Quiroga e Manu -lesionados- foron os ausentes neste encontro. Dafonte sigue con progresión na súa recuperación. Ante os verinenses, tamén resultou lesionado Bardelás.

CD Arenteiro 4  Maside F.C. 0

Ante os masidaos marcaron os goles Dani Vázquez, Sanginés, Brais e Pana.