Continúa ardendo O Ribeiro: máis de 3.000 hectáreas afectadas e 56 persoas maiores confinadas en Carballeda de Avia.

18, Agosto 2025

A extensión queimada polo lume que continúa activo no incendio que afecta aos concellos de Beade e Carballeda de Avia xa supera as 3.000 hectáreas, según a última actualización feita por Medio Rural.

O 112 ven de informar que 56 persoas maiores de dous centros residenciais no concello de Carballeda de Avia foron confinadas, e para preservar a súa saúde ante a moi mala calidade do aire na contorna.

A parroquia de Viete, en Leiro, suspendeu as celebracións da festividade de Santa Elena, programadas para este lúns 18 de agosto. 

Na foto, o impresionante aspécto do incendio que podía verse que na noite deste domingo desde a capitalidade municipal do concello de Beade.