Continúa aumentado no número de positivos na Área Sanitaria, aínda que baixa o rítmo de contaxios.

29, Marzo 2020

Continúa aumentado o número de contaxios en toda Galicia, tamén na Área Sanitaria de Ourense, aínda que nas últimas 24 horas baixa o rítmo de persoas contaxiadas, tanto en Galicia como na provincia de Ourense, onde se rexistraron 44 novos positivos de coronavirus, fronte os 71 deste pasado sábado.

A comarca do Carballiño, de momento está aínda a salvo de rexistrar focos de contaxio,como xa ocorre noutras comarcas da provincia, xa que os coñecidos ata o de agora son casos illados, e gardando a cuarentena domiciliaria.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización correspondente á mañá deste domingo 29 de Marzo, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 122 permanecen en UCI, 707 están en unidades de hospitalización e 2.096 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 153 altas de pacientes e 61 falecementos. O número de PCR realizadas é de 14.440.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os oll