"Contos confinados" unha iniciativa do concello de Maside para nenos ata 14 anos

28, Abril 2020

Trátase dunha convocatoria literaria coa que o concello de Maside da a oportunidade a todos os nenos e nenas de ata 14 anos do municipio ou alunmos do CPI Terras de Maside, ainda que residan noutros concellos, para que expresen nun relato "como están pasando estes dias, que fan, en qué pasan o seu tempo, que sinte, cómo viven e como está sendo a experiencia de volver ás ruas".

Poderán contar coa colaboración das súas familias "pode ser un traballo en equipo, no que nos fagan chegar as súas experiencias", achegando os traballos antes das 14 horas do dia 29 de Maio, podendo achegarse por correo postal dirixido ao concello de Maside ou por via telemática no correo. cultura@concellodemaside.gal

Os relatos deberán ter un tamaño mínimo de duas páxinas (A4) e máximo de cinco, e poderán acomparñarse dun debuxo, e deberán remitirse achegando os datos do autor, con nome, apelidos e idade dos relatores.

Con todos os traballos recibidos procederáse a facer unha publicación nun libro recopilatorio e na páxina WEB do concello de Maside, do que recibirán un exemplar os participantes nesta convocatoria, asi como un agasallo.