A Convocatoria do concurso para a concesión da recadación municipal evidencia "un fraude do pacto dos orzamentos entre PSOE e AV", afirma o Partido Popular

21, Febreiro 2017

O acordo do pleno da corporación para a remunicipalización do servizo de recadación do concello do Carballño non poderá levarse a cabo ata dentro de dous anos, que poderían ser tres se a empresa que resulte adxudicataria faga valer a prórroga dun ano á que terá dereito.

Asi o critica o grupo municipal do Partido Popular, que considera un engano esta decisión do goberno municipal socialista "decindo que quere facer público aquelo que segue a privatizar, e seguro que as verdadeiras razóns desto non se poñen sobre a mesa".

Tamén consideran os populares que este concurso de concesión da recadación municipal pon de manifesto que "o pacto de orzamewntos 2017 entre PSOE e Alternativa Veciñal evidencia un fraude para os veciños do Carballiño so a 10 dias do pleno".

Para ver íntegro o comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto: