A Coordenadora Veciñal acusa ao Alcalde do Irixo de promover o inventario municipal "para facer unha expropiación de bens sen pagar nada"

2, Xaneiro 2013

No inventario de bens municipais do concello do Irixo, en trámite de aprobación, figuran un total de 525 bens inmobles.

Non son poucos os veciños que están recibindo con sorpresa e disgusto a intención dos gobernantes municipais de incorporar a este inventario municipal infraestructuras que incluso estiveron promovidas e financiadas polos veciños, como ocorre coas fontes públicas dalgunhos pobos. Tamén chama a atención que no inventario figuren eiras de titularidade veciñal ou comunal, e mesmo varios cruceiros, que nunca tiveron carácter municipal.

Desde a Coordenadora Veciñal desonfian da actitude do Alcalde Manuel Penedo, ao entender que a tramitación de todo o procedemento -aprobouse inicialmente no pleno da corporación e agora está pendiente da súa publicación oficial no Boletín Oficial da Provincia- estáse a facer con falla de información e sen consultar para nada cos veciños a súa opinión ao respecto.

Alberto González, ún dos membros da Coordenadora Veciñal, manifestouse sorprendido coa xustificación dada polo rexedor municipal "díxonos que facía esto para poder pedir subvencións á Xunta, pero nós pensamos que ésta é unha expropiación de bens que se fai por parte do concello e ademáis unha expropiación sen pagar nada a cámbeo", subliñou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño.