Copa Deputación: A UD Ourense toma vantaxe ante o Arenteiro

1, Novembro 2016

Un solitario gol conseguido no Estadio do Couto de Ourense por Rubèn Duràn no minuto 21 de partido fai que o equipo unionista tome vantaxe na eliminatoria de cuartos de Final da Copa Deputación ante o vixente campión, o Arenteiro.

Manuel Vázquez optou por dar entrada no equipo titular aos menos habituais, e o certo é que os unionistas foron superiores durante toda a primeira parte, na que poideron e deberon incluso obter un resultado moito máis favorable aos seus intereses.

Na segunda parte, os locais acusaron o desgaste físico e replegaronse no terreo de xogo, para esperar á contra a un Arenteiro que non tivo a súa tarde e protagonizou un dos partidos máis grises da tempada. Con este resultado, toca remontada en Espiñedo o vindeiro dia 6 de Decembro.

CD Arenteiro: Pachi, Pol, Maxi, Vilachá, Ivàn Portos, Dafonte, Bardelás, D. Vázquez, Esteban, Varandela e Alberto. Tamén xogaron Saúl, De Dios, Cuquejo e Rubén Arce.