COPE O Carballiño despide o curso como a emisora líder en audiencia na provincia de Ourense na franxa de mediodia, cando emite a súa programación local, de 12:30 a 14:30 horas. Asi o acredita o EGM

1, Xullo 2023

A última entrega do "Estudio General de Medios" correspondente ao segundo trimestre de 2023 que ven de publicarse sitúa a COPE O Carballiño como a emisora de radio informativa máis escoitada en horario de mediodia entre todas as que emiten na provincia de Ourense, incluidas as da capital.

De 12:30 a 14:30 horas, coincidindo coa programación local de COPE O Carballiño, tamén entre as 8:00 e 9:00 da mañá, esta emisora de radio é lider na provincia de Ourense. 8.000 persoas infórmanse a diario nesta franxa horaria do que acontece no Carballiño e no resto dos concellos do noso ámbito de cobertura radiofónica, nas comarcas O Carballiño-O Ribeiro, alcanzando unha cuota de audiencia do 80% entre as emisoras de radio de ambas comarcas, según este último "EGM", o único auditor recoñecido polo sector radiofónico en España.