Coronavirus: mellora a situación en Avión e preocupa en Leiro, neste concello os socialistas piden ao alcalde unha reunión urxente

20, Outubro 2020

A  situación epidemiolóxica polo Covid-19 experimentou unha boa evolución na última semana no concello de Avión, que según os datos notificados hoxe por Sanidade ten 3 contaxios activos, rexistrando un importante descenso en relación tras chegar a acumular 10 casos semanas atrás.

Non acontece o mesmo en Leiro, que rexistra 11 contaxios activos, a cifra maís alta dende que se declarou a pandemia, o doble de casos que tiña o pasado dia 10. Neste concello, os socialistas presentaron un escrito no rexistro municipal do concello de Leiro no que piden ao alcalde que convoque con carácter de urxencia a xunta de portavoces "ante as informacións, o alarmismo e preocupación pola crise sanitaria no noso termo municipal". Demandan información do rexedor municipal  "para evitar rumores e se cabe adoptar  algunha medida neste sentido".