A corporación celebrará a próxima semana o primeiro pleno telemático da historia, según avanzou o alcalde Fumega. Os grupos da oposición piden que non se demore máis.

27, Abril 2020

Os tres grupos da oposición municipal, e mesmo Podemos que non conta con representación na corporación, apuran ao alcalde do Carballiño para que non demore máis a convocatoria do pleno corporativo, que deberá proceder a resolver as alegacións presentadas á aprobación inicial do orzamento.

Fumega avanzou en COPE O Carballiño que  a convocatoria faráse para a semana que ven, e antes reuniráse a comisión, unha vez que o concello teña a punto os medios tecnolóxicos para a celebración do que será o primeiro pleno telemático na historia municipal carballiñesa "esta mañá estivemos facendo algunhas probas e aínda hai que seguir perfeccionando o sistema que imos implementar para que poida celebrarse este pleno", manifestou o rexedor.

"A idea é que o consenso sexa o maior posible"  dixo Fumega, en relación o anuncio feito a pasada semana para adaptar o orzamento á nova realidade, habilitando un millón de euros para axudas á reactivación da economia local, tras acadar un principio de acordo co Partido Popular.

O resto dos grupos veñen instando ao alcalde a que proceda á convocatoria do pleno sen máis esperas. Dende Espazo Común volvían esta mañá insistir nesta petición, igual que xa fixeron BNG e Podemos "urxe acometer esta tarefa pois o que precisan agora mesmo as familias, autónomos e pequenas empresas son certezas e seguridade, non xestos cara a galería baleiros de contido real", apuntan desde o grupo munlcipal de Espazo Común.