A Corporación do Carballiño celebrará dous plenos en 9 dias

24, Decembro 2011

No intervalo de 9 dias, A Corporación Municipal do Carballiño será convocada dúas veces en sesión plenaria, según confirmou a esta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes.

A primeira convocatoria foi fixada para as 12 do mediodia deste próximo martes dia 27 de decembro, e na mesma  someteráse á aprobación do pleno o expediente relativo ás ordenanzas fiscais para o ano 2012, unha vez que rematou o prazo para a presentación de alegacións, procederáse á aprobación definitiva do documento.

A segunda convocatoria faráse para o xoves dia 5 de xaneiro de 2012, ese dia celebraráse o pleno ordinario do ano no que se debatirá  a instalación da planta incineradora no municipio do Irixo. Iniciamente, estaba prevista a convocatoria para o dia 3 de xaneiro , tal como solicitaran os socialistas trataríase dunha sesión extraordinaria, pero finalmente acordouse trasladar a petición á convocatoria ordinaria fixada para o primeiro xoves do mes. Tamén a Concelleira do BNG, Aúrea Francisco solicitara do Alcalde do Carballiño a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar este mesmo asunto