A corporación municipal convoca á cidadanía este venres para a constitución dunha plataforma en defensa do transporte público

12, Maio 2016

Todos os grupos da corporación municipal do Carballiño, PSOE, PP, BNG e AV-SON, convocan á cidadanía a unha reunión para elaborar as bases dunha plataforma en defensa do transporte público.

Esta reunión terá lugar este venres, 13 de maio, ás 20,30 h., no salón de plenos do concello.

Habida conta da importancia para O Carballiño e a comarca desta iniciativa conxunta de todas as forzas políticas que conforman a corporación municipal, convídase ás asociacións empresariais, veciñáis, culturáis e deportivas; ás organizacións sindicáis e a todos os veciños e veciñas a asistir a esta xuntanza que ten por obxecto crear unha plataforma en defensa do transporte público no Carballiño e na comarca que sexa o máis representativa posible.

Entrevista na Deputación

Os portavoces dos 4 grupos políticos municipais e o alcalde Francisco Fumega reuníronse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ao que trasladaron a demanda social de mellora dos servizos de transporte público e pediron a implicación e apoio da entidade provincial á mesma.