Correos no Carballiño: unha oficina para 14.000 habitantes con capacidade para dúas persoas no interior e sen posibilidade de ter privacidade no servizo.

13, Maio 2020

As medidas de seguridade implantadas pola alerta sanitaria viñeron deixar ao descuberto as carencias da oficina de Correos no Carballiño, ubicada na rúa Faustino Santalices, cun espazo para a atención ao público de reducidas dimensións, de tal maneira que para respectar a distancia de dous metros entre persoas tan so dous clientes poden acceder simultáneamente ao interior da oficina, o resto debe agardar na rúa a súa quenda para ser atendidos.

Ademáis, dende a declaración do estado de alarma a Sociedade Estatal de Correos reducíu o seu horario de atención ao público, abrindo tan so tres horas ao dia.

Outro aspécto que non pasa desapercibido para os clientes é a falta de confidencialidade no servizo, xa que os dous únicos postos de atención ao público están separados apenas dous metros e sen ningún tipo de protección, polo que non se dan as mínimas condicións de privacidade nunha oficina na que, entre outras prestacíóns ofrece servizos financieiros coa posiblidade de enviar ou recibir xiros de diñeiro.

As carencias, saltan á vista nunha oficina que non reúne as condicións mínimas para atender a unha poboación como é O Carballiño, que supera os 14.000 habitantes, pero é que ademáis, esta oficina é a de referencia para moitos veciños doutros concellos da comarca.