Covadonga e Arenteiro repartense os puntos, 0-0

4, Marzo 2012

O Arenteiro volveu desperdiciar outra oportunidade de afianzarse no segundo posto da clasificación, ao non pasar do empate sin goles no partido xogado no campo de Oira ante a A.D. Covadonga. O equipo de Eiroás, moi mermado, tan so contaba cun xogador no banquiño para posibles cámbeos, non so plantou cara aos carbaliiñeses, senón que incluso tiveron as súas ocasións para gañar o partido.

Tamén é certo que pudo facélo o Arenteiro, se aproveitase as súas oportunidades, sobre todo unha moi clara aos 30 minutos da primeira parte, tras unha boa combinación da dianteira carballiñesa, Alén puxo un balón a media altura sobrre a portería local e xa co porteiro batido, Iglesias non pudo cabecear por moi pouquiño. No segundo periodo, aos 10 minutos e ao sace dun córner, Kennedy conectou un cabezazo que se foi fora por moi  pouco. Xa no tempo de desconto Alén controlou un balón na área pero o seu disparo saíu demasiádo cruzado e foise fora. Antes, o meta Pachi evitou coa súa intervención que a A.D. Covadonga se adiantase no marcador tras unha xogada de Roberto Dacosta.

Ningún dos dous equipos foi capaz de facerse co control do partido, nin co peso do xogo, polo que o reparto de puntos pode considerarse bastante xusto. Con este resultado, o Arenteiro so logra sumar un punto, mentres que o Ramirás -tras a súa victoria ante o Maceda- situase a 1 punto do Arenteiro e amenaza a segunda posición na clasificación que sigue sendo de momento para os carballiñeses. O líder Nogueira, que tamén gañou, amplia a diferencia con respecto ao Arenteiro en 7 puntos.