Dacosta continuará dirixindo ao Arenteiro en preferente

11, Xuño 2012

Asi o confirmou a esta emisora de radio o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", o técnico ourensano que ascendeu ao equipo á preferente continuará ao fronte do C.D.Arenteiro para a tempada 2012-2013.

Ramón Dacosta e o Presidente cerraron a pasada semana o acordo. Agora, traballase xa na confección do plantel, unha vez que tanto o técnico como Presidente coinciden na necesidade de reforzar o grupo para acadar un equipo de garantías cara o ano que ven.

Aínda que non quixo apuntar nomes concretos, Antonio Iglesias "Cadavid" avanzou que "vai continuar arredor do 60% da plantilla que tivemos este ano, asi que podemos decir que non continuará o 40% restante". Tampouco quixo o Presdiente adiantar nada sobre posibles fichaxes aínda que sí aclarou "que calquera reforzo que chegue este ano deberá ser de xente contrastada, que xunto o que xa temos, pensamos que farán un equipos de garantias, para non pasar apuros, e sen descartar metas máis ambiciosas se a temporada vai ben".

Eses posibles "reforzos contrastados" apuntados polo Presidente poderían chegar desde Lalín e Ourense, de feito existen contactos con varios xogadores que esta pasada tempada militaron na 3ª división, e que poderían vestir de verde no próximo curso futbolístico, de materializarse estas negociacións.

Xa no aspecto social, "Cadavid" espera poder chegar aos 500 socios para a próxima tempada. Tamén confirmou a ampliación da xunta directiva "na que causarán baixa algunhas persoas que viñan manifestandome que estaban algo cansadas".

Finalmente, o Presidente do C.D. Arenteiro avanzou que todos os socios terán a súa disposición o balance económico do club, que "arrastra un deficit de 70.000 euros, que puxemos os directivos, porque a dia de hoxe o club ten saldadas todas as débedas, non se lle debe un euro a ninguén".