A de COPE O Carballiño, a programación local máis escoitada na radio provincial

23, Decembro 2012

Asi o certifica o último Estudio Xeral de Medios de 2012, por vez primeira na historia da radiodifusión na provincia de Ourense, unha emisora radicada fora da capital consigue que a súa programación local sexa a máis escoitada na franxa de 14 a 15 horas.

Acontece a diario de lúns a venres , cando COPE O Carballiño é lider absoluta de audiencia entre todas as emisoras de radio xeneralista de F.M. na  provincia de Ourense, incluidas as da capital.  No cómputo das 2 horas da franxa horaria de mediodia -de 12,30 a 14,30 horas- cando as emisoras de radio emiten a súa programación local, COPE O Carballiño consigue a segunda posición de audiencia na radio provincial.

Ademáis, as emisoras do GRUPO COPE consiguen o liderazgo na provincia, sumando neste último EGM de 2012 unha audiencia de 72.000 persoas que a diario sintonizan a programación de CADENA COPE e CADENA CIEN.

Dende esta emisora de radio reafirmamos o noso compromiso coa información local, dámoslles as grazas por estes datos de audiencia e desexámoslles un venturoso 2013.