Debido ao mal tempo: suspendida a verbena organizada polos hosteleiros, e trasladase ao domingo o desfile de comparsas

3, Marzo 2014

Os responsables da Asociación de Hosteleiros decidiron supender a actuación das orquestras Philadelphia e Claxon prevista para o noite do lúns. O desfile do concurso de comparsas do martes de entroido trasladase a este próximo domingo, coincidindo coa festa da cachucha.

O concelleiro de cultura, Rodrigo González confirmou nesta emisora de radio que "unha vez consultadas a maioria das comparsas participantes, decidiuse aplazar o destile para o domingo dia 9 a partir das 6 da tarde, creemos que é o mellor tanto para o espectáculo dende o punto de vista do público como dos propios participantes, unha vez consultadas as previsións do tempo, creo que é o mellor para todos", dixo.

Tamén se suspende a actuación da orquestra Ledicia, programada para o martes de antroido, trasladandose ao vindeiro sábado 8, para ese dia compartirá verbena coa orquestra Claxon, ésta contratada pola asociación de hosteleiros.

Festa da Cachucha

O traslado do desfile do entroido para o domingo dia 9 reforzará a programación de actividades que están previstas para este dia con motivo da festa da cachucha, que organiza a concello do Carballiño.

Unha xornada festiva que animarán catro charangas, unha banda de gaitas e un "gran folión" integrado por 120 tambores, tradicional do entroido en varias comarcas da provincia. Vinte restaurantes do Carballiño servirán un menú a base dun cocido de entroido, e pola tarde -despois do desfile- acturará o grupo orquestral "La Oca" na Praza Maior.